Axenda

XV Contubernio Tabernario
quinta feira 07 Setembro 2017
Vistas : 278

Xoves 7 de setembro ás 20:00 h no Xebre

Como dicía o Zeca: "Vinho velho, vinho novo / Viva o Poder Popular". Comezamos o curso contubérnico cunha nova colleita de pezas dedicadas á memoria de Victor Jara, Salvador Allende todxs as persoas que deron a súa vida no primeiro golpe de estado do neoliberalismo, auspiciado polos voitres da escola de Chicago co cabrón de Friedman á cabeza, que esperamos se revolva ben revolvido na tumba se nos oe a cantar: "Yo pisaré las calles nuevamente de lo que fué santiago ensangrentada" ou "El derecho de vivir en paz".

Si, a partir deste mes haberá unha edición A4 temática que só verá a luz nese contubernio.

Esta vai por Chile e o dereito de vivir en paz.

Lugar: Tapería Viñoteca Xebre - Castrelos (Vigo)