Axenda

JAP4
quinta feira 16 novembro 2017, 21:00
Vistas : 163

Xoves 16

Hora: 21:00h

Prezo: 5€

JAP4 é unha banda de jazz fusión compostelá, nace da evolución musical de tres dos integrantes da banda de Funk-Rock The Codename. Alberto Veiga (guitarra), Pablo Veiga (batería) e Alejandro Calvo (baixo), inician este proxecto para canalizar as súas inquedanzas no eido do jazz fusión, reflectindo nel as súas influencias anteriores (funk e rock) e diversas ramificacións do jazz como: smooth, acid ou jazz-rock. En marzo do 2015, comeza unha nova etapa na que perciben a necesidade de contar cun novo integrante que aporte un novo enfoque estilístico e musical. Pablo Sax, recoñecido saxofonista, pasa a formar parte do grupo, achegando un son propio e característico. A presencia do saxo alto, xunto co bagaxe e coñecementos deste interprete, reflectiranse nas composicións e interpretacións. A súa incorporación troca o nome a JAP4

Lugar: Casa das Crechas - Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.