CONCERTO
De Vacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces.
Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia.
Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar.
Dende as Spice Girls e o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló...temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que rescatamos para vós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.
Xénero: Música
Lugar do espectáculo: Pazo da Cultura
Duración: 1H 15MIN
Prezos:
Público Xeral 9,50€ / 6.65€ Abonados, Desempregados ou Carne Xove ou de Estudante(ata 25 anos) e menores de 14 anos
*A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s. Entradas á venda ao público xeral a partir do xoves 4 de xaneiro na billeteira do Pazo ou a través da nosa web:
https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/de-vacas
+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura