Un ano máis o Mercado do Calvario cambia o peixe por arte. Este emblemático edificio do barrio do Calvario encherase de pintura, ilustración, cerámica e artes plásticas en todas as súas formas e cores.
Unha oportunidade única para pasar unha xornada artística a ritmo de rúa, coñecendo artistas emerxentes e vendo os novos traballos dos máis consagrados.
Estades todos invitados a pasar un día rodeados de arte, música, disfrutando de concertos e coñecendo novos proxectos literarios.