Axenda

Mulleres e Música
sábado 19 maio 2018, 11:00
Vistas : 161

SES, Cora Novoa, Mounqup, Teresa Cuiñas, Guadi Galego, Diana López Varela, MJ Perez ou Mar Catarina. Son algunhas das participantes na xornada Mulleres e Música, o sábado 19 de maio, promovida pola Deputación da Coruña dentro do programa "A Cultura é un Dereito". O Teatro Colón abrirá as súas portas ás 11h e até a noite para acoller encontros, concertos, mesas redondas e máis, cos que abordar o traballo das mulleres no sector musical. Unha xornada aberta a profesionais e á cidadanía en xeral, para a que xa podes retirar o teu convite na web teatrocolon.es. De balde, até completar capacidade.

Artistas, produtoras, deseñadoras, xornalistas, técnicas, managers, etc, estarán no Colón o sábado 19 de maio para reflexionar e, tamén, celebrar o papel das mulleres na música. A primeira xornada monográfica Mulleres e Música no Teatro Colón, promovida pola Deputación da Coruña, ten dous obxectivos xerais. O primeiro deles, visibilizar a calidade e excelencia no traballo que as mulleres desenvolven na industria da música. A diversidade de procesos e tarefas que moven o sector e son desenvolvidos por profesionais mulleres: creación, produción, distribución e comercialización, programación, comunicación. Con ese obxectivo, optouse por unha programación intensa, diversa en formatos, e concibida, na súa maioría, para interese do público xeral, tirando proveito das posibilidades que ofrece o teatro.

Lugar: Teatro Colón - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.