Venres 1 - 21:00 The Lelli Kelly's nos Seráns en Feixóo
The Lelli Kelly's nos Seráns en Feixóo
The Lelli Kelly's
[Rock en Galego] En abril de 2016, Serpiente Pilsen, Miguelito Piteiro, Tonho Nogueira Vecinho de Moanha e Pollete Ensía, montamos The Lelli Kelly's e comezamos a tocar por Galiza adiante ignorantes dos paralelismos entre a nosa traxectoria e a típica telenovela latinoamericana.
Festas, festivais e locais do país encheron o noso historial de amor e desamor, paixón e tristura, frenesí e desfalecementos.
En outubro de 2017, despois de máis concertos dos que podemos recordar, Serpiente abandona a banda por problemas de saúde e, The Lelli Kelly's, empezamos unha nova xira con algúns temas propios, unha furgoneta bonitísima, e a intención de vingar ó noso irmán caído no último capítulo da primeira tempada.
Somos o que queda das rapaciñas dos anuncios da tv e aínda podemos decepcionar moito máis ós nosos pais.
Pollete Ensía (Carlos De Pazos Meira)
Miguelito Piteiro (Alberto Rodríguez Graña)
Tonho Nogueira vecinho de Moanha (Antonio Cascante García)
Festival organizado por: Modus Vivendi, Borriquita de Belém e Riquela.
Patrocinado por: Cerveza 1906 e Bodegas Lodeiros