Axenda

Antón Ke + The Turre´s Band
sexta feira 01 xuño 2018, 22:00
Vistas : 151

Actuación enmarcada no III Torneo de Veteráns Vila de Bueu do Bueu Atlético Balonmán.

TURRE'S BAND
The Turre's Band é un grupo galego que nace no ano 2001 no seno da banda de música de Torroso, a idea principal do grupo e a de crear algo innovador na musica de vento do panorama galego, desmarcándose das charangas ou bandas de musica típicas do pais. Cunha formación que está entre as brass band norteamericanas e as fanfarrias dos países balkánikos a súa mestura de ritmos e melodías fai que a xente sinta a impetuosa orde de movelo corpo o seu ritmo.

ANTÓN KE
Ukelele de batea con ritmos furancheiros, que bebe dos licores do blues, reagge, ska, rumba e tradicional acompañado do sabor de letras retranqueiras

https://youtu.be/tT4_oy7EHS4

Entrada con consumición mínima: 7€ ant./9€ bill.

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.