Xente moi extrema organiza este sarao o próximo 16 de decembro ás 20.30 horas. Domingo de meditación e sanación para rematar unha - probablemente - terrible semana. Para que bailes e recordes que o mantra é «morte ao estado e viva tú». E as túas colegas tamén, por suposto.
Haberá postos de distris antiautoritarias, preços populistas en todo, ceador vegano mazo cremas e moitxs amigxs dándose a man porque amor & odio al cincuenta por ciento.
Coidade de quen tedes o lado e non fumedes no cuartucho porque as persoas asmáticas existen.
Tenue | Screamo crust punk ruido berros alaridos aturuxos pedradas e choros dende a desembocadura do Miño. Rematando a súa xira europea e presentando o seu novo disco * ANÁBASIS *.
Escoita: http://tenuepunx.bandcamp.com
https://www.youtube.com/watch?v=nSJEpYdFky8
Liquen | A banda de Post-todo máis molona de Compistola presenta nova formación. Agora son catro. Agora son máis fortes. Agora farante voar máis alto, correr máis lonxe, deprimirte máis duro.
Escoita: postliquen.bandcamp.com
https://www.youtube.com/watch?v=vZAXf-yChlM