Neste próximo sábado, 23 de febreiro, por volta das 12:00 h. cantarei-lhe à Rosalia mais alegre e combativa na biblioteca Anxel Casal de Compostela.
Sesión de narración oral con Servando Barreiro.
Espectáculo que xira arredor da vida e obra de Rosalía de Castro, no que se recrea o seu primeiro poemario en galego, Cantares gallegos, de inspiración popular, con música e recitacións baseadas na experiencia de Servando Barreiro como músico e cantor tradicional.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.