Mañá nas Crechas concerto de CAYUCO, o novo proxecto de Sérgio Tannus e LAR Legido
Compostela, 15 de abril de 2019. Mañá martes a Casa das Crechas acolle o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).
CAYUCO é o nome dunha embarcación dun só tronco usada polos africanos para cruzar as fronteiras, pero tamén é o nome do novo grupo formado Como o propio nome din, a proposta musical é xustamente viaxar, romper os límites da musicalidade. Deixarse levar e navegar por tódolos continentes e estilos musicais. Dende África á Europa, Brasil a Galiza...sen fronteiras.
CAYUCO é utopía. CAYUCO é o noso pase para a liberdade!