Axenda

Roberto Sobrado Grupo
quinta feira 16 maio 2019, 21:00
Vistas : 165

Cando chega algo novo, sempre está ben ler o manual de instrucións: Colla ao Springsteen galego ou póñalle unha guitarra eléctrica ao Suso Vaamonde. Xúnteo co guitarrista de Bon Jovi e os maquinillos dun tipo sacado dos Prodigy. Engada xenerosamente bases e arranxos elaborados artesanalmente polo Xaponés Carmiña, músico total onde os haxa. O resultado é o novo proxecto de Roberto Sobrado grupo, Electro-Tras-Nós: Euxenio dá un paso á fronte e colle a guitarra solista mentres manexa ao Xaponés Carmiña na sombra; Nuno cambia o baixo pola controladora midi e o ordenador e Roberto segue ao seu, incombustible e mutante, facendo temas novos, reformulando algúns doutros proxectos e montando covers que dean máis sentido ao melting-pot no que anda metido. Os Proletarios do Rock & Roll morreron! Vivan os ElectroTras-Nós!
Entrada 5€

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.