Axenda

Narf Trío
sábado 05 abril 2014
Vistas : 219
  • NARF TRIO

  • sabado 5 Abril / 23.30 h
    6 € / 3 € (soci@s)

    Narf Trío presenta o disco-libro Nas tardes escuras (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de Fran Pérez "Narf", no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador. O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa. O lanzamento deste traballo tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con críticas moi favorables. Xornais como El País (Alfonso Pato), La Voz de Galicia (Camilo Franco) e La Opinión (Óscar Losada) verten cualificativos como: “...Rosalía soa dolorida pero desafiante...”, “...pequena xoia musical...” e “...Narf é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego...” respectivamente. As súas versións eléctricas e rockeiras dos poemas da máis universal das escritoras galegas xa as presentara, polo que ten de libro, na Feira do Libro da Coruña, e no Festival da Luz, en Boimorto, foi a súa estrea musical en público.


    Lugar: Bar Liceum - O Porriño
    Utilizamos cookies

    Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.