Axenda

Foliada das Mil Primaveras
sábado 18 maio 2019, 19:00
Vistas : 106

Horario da Foliada das Mil Primaveras. No Centro Recreativo de Artes (Ribeira).
Ás 19:00 h comezará a Foliada dos máis pequenos. Xa non podemos falar de que hai futuro, o que hai é moito presente. Que ben o fan¡
Ás 20:15 h Xosé Piñeiro “Nebra” daranos un concerto didáctico con instrumentos tradicionais pouco frecuentes, pero non menos importantes. Estará orientado aos máis cativos pero tamén o poderán desfrutar os maiores. 
Ás 21:00 h dará inicio a Foliada dos maiores. Que gañas de tocar e bailar¡ 
Á 01:00 h será tempo da Foliada Aberta. Todas as agrupacións non anotadas e que desexen participar están convidadas, as queiran poderán repetir ou incluso tocar e bailar en conxunto.
Haberá comida para as agrupacións participantes e o sorteo de 3 instrumentos de percusión.

Lugar: Centro Recreativo - Artes (Ribeira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.