Axenda

CMUS Santiago Bigband
quinta feira 06 xuño 2019, 20:30
Vistas : 112

CMUS Santiago Bigband nos Seráns en Feixóo

Esta formación nace alá polo 2011, grazas á intención de Uxío Pazos de ampliar os horizontes habituais dos conservatorios. No seu segundo ano de vida, con Ton Risco como director, a Bigband comeza a focalizar o seu repertorio nos temas das bigbands dos anos 30 e 40, así como en arranxos máis modernos. Nos últimos anos, a Bigband ven contando ca colaboración do cantante e guitarrista Mon Orencio (Mr. Cool) e orienta o seu repertorio ós temas dos grandes crooners, sen perder a parte meramente instrumental.

Pódese decir que esta Bigband é poñer unha pica en Flandes, formada por alumnos de música clásica pero con interese polo estilo e contando con colaboracións de músicos da escea compostelana.

Saxos: Mercè Palacios, Andrea Pérez, Rubén Salvande, Uxía Rial, Bernal Muíños
Trompetas: Fernando Rei, Jorge Méndez, Abel Gañete, Darío Enjo
Trombóns: Guzmán Lloréns, Clara Díaz, Iago Sobrino e Javier Lloréns
Contrabaixo: Lucas Martínez
Piano: Ale Casquero
Guitarra e voz: Ramón Orencio
Batería: Nacho Rozas e Ton Risco

Direción: Ton Risco

Festival organizado por:
Modus Vivendi
Riquela
Borriquita de Belém

Lugar: Praza de Feixóo - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.