Axenda

Roi Casal
cuarta feira 02 abril 2014
Vistas : 283


Presentación novo disco

Sitio
Teatro Principal
Localidade
Santiago
Hora
09:00 pm
Prezo
8€ anticipada / 10€ en taquilla


Roi Casal e a súa banda presentarán o día 2 de abril ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago o seu terceiro traballo discográfico, logo do éxito da xira que acaba de rematar con máis de 50 concertos e 10.000 discos vendidos só en Galicia. O compositor e cantante galego, considerado unha das referencias da música galega actual, mostrará unha versión moito máis pop da que nos ten acostumados, e onde se seguirán a combinar elementos da tradición e da modernidade a través da fusión da arpa céltica, a zanfona, o piano ou o bouzuki. Co este novo disco, o catoirense, acompañado da voz de Silvia Ferre e do resto de integrantes do grupo, trasladará ao público esa ambición que o caracterizou dende o comezo, cuns matices que transmitirán forza e ilusión.

Entradas xa dispoñibles para a venda no Teatro Principal (18-21 horas, de martes a sábado).

Lugar: Teatro Principal - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.