Axenda

Iria Estévez e Gonzo Piña
quinta feira 10 outubro 2019, 21:00
Vistas : 311

IRIA ESTÉVEZ
Presentando ATLÁNTICA
XOVES 10 | 21:00 | 8€
Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como Clave de Fado (seleccionada polo INTERFADO de Cataluña) ou Arifi (Gañadores do concurso internacional Castilla Folk) e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: ATLÁNTICA.
Iria Estévez, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Un repertorio centrado na lusofonía (fado,cantigagalega,morna,bossa,etc),pero abrindo portas a outras terras atlánticas como cuba,Arxentina,México...

Lugar: Casa das Crechas - Santiago de Compostela