Axenda

X.M. Lago & Os Falsos Profetas
sexta feira 11 abril 2014
Vistas : 256

Moi boas compañeir@s! Pois iso, o 11 de abril ás 23.30 tocaremos no outsider, sera un honor e un pracer contar coa vosa asistencia.
Presentaremos o disco "Dependencia", gravado no verán do ano pasado en A Ponte estudios, por Tomás Ageitos -un curtido profesional... RuxeRuxe, Niño y Pistola, Terbutalina. Novedades Carmiña... Marcos Pin... Kepa Junquera...
No directo, ademais de tocar as cancións do disco, ampliaremos o repertorio; recuperaremos algúns temas do disco anterior "Brotar adelgazado en lágrima" e añadiremos tamén versións, por suposto adaptadas ao noso propio e peculiar estilo. Sóanlles o You never can´t tell
de Chuck Berry -a de Pulp Fiction- ou o Imagine do pacífico e xenial John Lennon...
Por suposto, poden escoitarnos en xmlagoosfalsosprofetas.bandcamp.com., acabamos de subir tódalas cancións do disco. Pasen, pasen... e escoiten... con calma, sen prexuízos e sen medo... que para iso foron compostas!
Se desexan seguir as nosas andainas e estar ao corrente de calquer acontecimento, non o dubiden, déanlle ao Me Gusta na nosa páxina de facebook: www.facebook.com/xmlagoosfalsosprofetas.

Unha forte aperta! Sorte e saúde!

Lugar: Pub Outsider - Santa Comba
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.