Axenda

Martelo
domingo 27 abril 2014
Vistas : 250
  • Domingo, 27 de abril ás 21:00

Martelo é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena estatal do Rock. Cancións orixinais, combativas e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os poucos que escoitaron a Martelo, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band como principais referencias. Para saír de dúbidas, nada como velos en directo…

Formación:

- Max Gómez, batería
- Manuel Cebrián, guitarra
- Xacobe Mártinez, baixo e voz

Máis info en http:// www.martelorock.com/

Entrada: 5 €

ACTUACIÓN PARTICIPANTE NA REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO DE AGADIC.


Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.