Axenda

Felcia Pop-SUSPENDIDO
From sexta feira 07 agosto 2020
To sábado 08 agosto 2020
Vistas : 192

A directiva do Felicia POP Festival durante todo o ano estivo traballando arreo para ofrecervos o mellor cartel dos posibles. Criamos, a principios de xuño, que a situación iría mellorando. Pensábamos que un festival pequeno, como o noso, podería saír adiante. Pero a situación desde entón non fixo máis que empeorar ata situarse en cifras similares ao preconfinamento.
Unha vez evaluados todos os condicionantes; aumento continuados de casos en Galicia, riscos para a comunidade e colaboradores, cancelación de grupos, etc. E posto que a situación non ten visos de mellora nos días que restan ata o festival.
Consideramos que é un feito obxectivo de responsabilidade a SUSPENSIÓN do Felicia POP Festival 2020.
Neste momento de tristura, gustaríanos pedir desculpas ao concello de Fene por todas as molestias causadas, así como agradecerlle todas as facilidades prestadas.
Tamén é momento de agradecer e pedir desculpas a todos aqueles que confiaron en nós ata o último instante.
Sen esquecer aos nosos colaboradores que, en condicións tan adversas, ata o último momento estiveron dispostos a intentalo.
Pero o risco está aí, e un erro, por pequeno que fora, poñería fin a unha aventura que leva connosco 22 anos. Si queremos conservar o festival non podemos arriscar o máis mínimo. Crédenos, nós sentímolo máis que ninguén.
Non nos queda más que esperar que a desilusión actual, co paso dos dias irá cicatrizando e aos poucos converterase en certidume e ilusión cara un novo Felicia POP Festival.
Grazas, moitas Grazas e oxalá podamos vernos pronto en Limodre.


Lugar: Limodre (Fene)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.