Axenda

Guadi Galego
sexta feira 23 abril 2021
Vistas : 191

Luns 19 de abril ás 10h saen as ENTRADAS para o noso concerto das COSTURAS en COMPOSTELA.

Será o primeiro de algúns.

Cando levas un disco como COSTURAS ao directo faste moitas preguntas, e as respotas foron chegando pouco a pouco.

Equipa grande.

Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Paula Romero, Roberto Grandal, Rubén Iglesias e Guadi Galego INTERPRETANDO as CANCIÓNS.

Manolo Dourado no SON
Alberto Casas dando LUZ.
Marina Oural e Ugia Pedreira na POSTA EN ESCENA.
Manuel RoXo e ISabel Vilaseco de Culturactiva na PRODUCIÓN.
E TODAS no COMPROMISO ARTÍSTICO.

Faltades vós O PÚBLICO.

Comezamos a coser e descoser para seguir remendando a vida. 

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela