Axenda

Ailá
sexta feira 28 maio 2021, 20:00
Vistas : 179
Ailá é unha proposta artística inspirada nas recollidas históricas dos cantos de transmisión oral de Galicia. Unha proposta pensada para bailar e gozar da música galega desde un prisma moderno e contemporáneo.
Nesta ocasión presentan o seu primeiro traballo, denominado tamén Ailá, acompañados das pandereteiras Lina e Lola e da A. C. Peis d'hos, unha asociación cultural nada no ano 2013 en Cangas. A cita terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas o próximo 28 de maio ás 20 h.
Música, festa e baile que bebe da raíz para espallar alegría. Unha idea que define o sentir do corpo e dun colectivo. A resposta é única: é Ailá
Lugar: Auditorio Municipal - Cangas