Axenda

Acordeireta
sábado 01 maio 2021, 19:00
Vistas : 159
Patricia González Iglesias (pandeireta e voz) e Alex Balbuena (acordeón, bombo e voz), ACORDEIRETA, presentan este sábado 1 de maio, na Casa-Museo Manuel María, o seu primeiro traballo "Loitar cantando".
Estilo e son propios, formado por temas, (tradicionais, de autor e unha gran parte de creación propia) en que mesturan diferentes ritmos para crear un ambiente fresco e contundente, para escoitar e tamén bailar.
Nas súas letras non falta a poesía de Rosalía, Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Luz Fandiño....
Imprescindíbel reservar a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no whatsapp 698177621. Billete: 5 euros

Lugar: Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei