Axenda

Gas Noble + Puma Punku
sexta feira 25 abril 2014
Vistas : 251

Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, presenta o ciclo NINONINO!

A Coruña, 23 de abril de 2014.- Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, presentaNINONINO!, un ciclo musical dividido en catro sesións, nas que oito músicos galegos de diferentes estilos presentarán as súas cancións mentres varios debuxantes resumirán cada xornada en viñetas. Este proxecto nace co principal obxectivo de promover a incipiente –e recoñecida– nova xeración de músicos galegos, orixinando un lugar de colaboración con outras disciplinas artísticas como a banda deseñada.

O debuxante vigués Andrés Magán (Vigo) ilustrará o concerto inaugural este venres, 25 de abril, con Gas Noble (A Coruña) e Puma Pumku (Santiago) a presentar as súas últimas propostas musicais. O xoves 8 de maio toman o relevo dúas das bandas de referencia no panorama actual galego, Esquelas (A Coruña) e Das Kapital (Santiago), que protagonizan o segundo concerto do ciclo nunha sesión ilustrada por Miguel Porto (Vigo). Ao día seguinte o escenario de NORMAL acollerá a conversa a tres bandas entre o directo cru de Lady Leño (A Coruña), o pop fresco de Linda Guilala (Vigo) e as ilustracións de Bernal Prieto (A Coruña) no penúltimo concerto de NINONINO! Korokati (A Coruña) e When Nalda Became Punk (Vigo) serán os grupos encargados de pechar o ciclo o venres 16 de maio, nun último concerto que será ilustrado polo debuxante coruñés Roque Romero.

O programa de NINONINO! inclúe tamén un obradoiro familiar aberto a todos os públicos arredor dos sons da cidade, titulado Debuxando os sons da cidade. Este obradoiro gratuíto, que terá lugar o sábado 10 de maio, propón unha procura lúdica dos sons da cidade para despois pintalos, compoñendo o mapa das onomatopeas da Coruña.

Todos os concertos comezan ás 20:30 horas. Entrada libre de público até completar o aforo.

NINONINO! é un ciclo organizado por Normal e coordinado por Sinsalaudio.

Máis información en http://istoenormal.org/gl/

Lugar: Normal Espazo de intervención cultural, Universidade da Coruña - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.