Axenda

Nelson Quinteiro
domingo 01 agosto 2021, 22:00
Vistas : 126

ESTREA!
FALA-ME. GALICIAN TRAD CABARÉ
Novo espectáculo 2021 Nelson Quinteiro Producións.
DOMINGO 1 DE AGOSTO ÁS 22:00 H
PRAZA DA FERRERÍA. PONTEVEDRA.
CICLO CABARÉ CABARÉ!
O artista e cabareteiro Nelson Quinteiro subirá ás táboas da Praza da Ferrería asumindo unha nova e rompedora proposta na que fusiona o cabaré como xénero coa estética, música e danza tradicional que latexan no seu facer artístico dende os inicios da súa carreira.
O resultado é cumprir unha antiga arela na que consigue fusionar xéneros como o cabaré, a foliada, o musical ou mesmo a zarzuela.
Arroupado con un poderoso elenco no que destacan tanto os músicos coma os bailaríns, o "Trad-Cabaré" de Nelson Quinteiro lévanos a un salón de baile galego dos anos 30 no que acontecen cousas tan galegas como a regueifa, o parrafeo, o serán, o torreiro, a danza e contradanza, a romería ou o Entroido, nunha atmósfera canalla, sensual, provocadora e moi moi fetichista.
Unha proposta na que os instrumentos ou máscaras ancestrais feitas a medida, o vestiario e os complementos realzan un discurso de fondo de empoderamento da língua, a cultura, a música e danza galegas.
Despois de varias semanas de residencia artística en espazos como o Auditorio Municipal de Salceda de Caselas ou o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Concello de Poio), o espectáculo está listo para o seu abordaxe á emblemática praza de Pontevedra cunha magnífica trepulación que podedes ver en cartel, e que acompañará a Quinteiro en próximas citas como o sábado 21 de agosto no Festival Internacional de Teatro de Cee ou o venres 3 de setembro na Festa dos Callos de Salceda de Caselas.
Fála-me!
Lugar: Praza da Ferrería - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.