Axenda

XXXII Feira dos Oficios Artesáns
From sábado 31 xullo 2021
To domingo 01 agosto 2021
Vistas : 141

O concerto do grupo TANXUGUEIRAS previsto para este sábado, 31 de xullo, na 32ª edición da Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz foi cancelado a causa dun positivo de Covid-19 no seu equipo, que tamén lles obrigou a cancelar outras citas na última semana. No seu lugar actuará o grupo Carapaus.

Debido ao recente incremento dos casos activos de Covid-19 rexistrados na comarca, desde o Concello de Mondariz instamos a respectar todas as medidas de prevención recomendadas polas autoridades sanitarias, como o uso de máscara. A CULTURA É SEGURA, pero debemos actuar con máxima responsabilidade individual para evitar contaxios.

Lugar: Mondariz
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.