Axenda

San Froilán Miúdo 2021
From segunda feira 04 outubro 2021
To terza feira 12 outubro 2021
Vistas : 108

SAN FROILÁN MIÚDO

 Programa San Froilán Miúdo 2021 - Actividades infantís no patio do Edificio Administrativo do Concello (Antigo Seminario Menor)

MARTES 5

12.30 h. “Uxía Lambona e a Banda Molona” de Troula.

18.00 h. “Oh- Pera” de Circo Chosco.

MÉRCORES 6

18.00 h. “Desconcerto” de Culturaactiva.

XOVES 7

18.00 h. “María Balteira, bailadora primeira” de Producións Xamón.

VENRES 8

18.00 h. “Herencia” de La industrial teatrera.

SÁBADO 9

12.30 h. “Cousas da Casa” de Mircromina teatro de títeres.

18.00 h. “Triodedos” de La Pequeña Victoria Cen.

DOMINGO 10

18.00 h. “Los Viajes de Bowa” de La Gata Japonesa.

LUNS 11

18.00 h. “Yee-Haw” de La Banda del Otro.

LUNS 12

18.00 h. “Exportats” de La Trócola Circ.

 

ENTRADAS e CONDICIÓNS DE ACCESO SAN FROILÁN MIÚDO. 

Para poder entrar aos recintos de concertos ou aos espectáculos do San Froilán Miúdo será preciso dispoñer dunha entrada que se poderá retirar de xeito gratuíto no portal de entradas da área de Cultura (entradaslugo.es) ou na Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo ata unha hora antes de cada evento.

Cada persoa poderá retirar un máximo de dúas entradas para cada concerto, e tres para os espectáculos do San Froilán Miúdo.

As entradas poderá utilizarse ata 15 minutos antes da hora de comezo de cada actividade. A partir dese momento, a cabida do recinto poderá completarse coa xente que se achegue sen entrada, na zona de agarda habilitada para tal efecto.

As persoas con mobilidade reducida, unha vez retirada a súa entrada, poderán instalarse no espazo da butaca asignada ou facer uso da zona de mellor visibilidade acondicionada en cada un dos recintos.

Unha vez no recinto, en todo momento deberán respectarse as distancias de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara, segundo as indicacións das autoridades sanitarias.

As persoas asistentes deberán seguir en todo momento as indicacións do persoal de cada recinto e facer uso do xel hidroalcólico no momento de entrar ao mesmo.

Unha vez comezado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto. No caso de saír do espazo durante a actuación, non se poderá volver entrar; e esa cadeira tampouco poderá ser ocupada por outra persoa.

Lugar: Lugo