Axenda

Esquíos + Youth Mood
sexta feira 08 agosto 2014
Vistas : 259

A sala meca “Twist & Shout Club”, na rúa Jaime Solá Mestre nº9, complácese en anunciarvos o directo de “ESQUÍOS”, banda galega que nos ven mostrar o seu traballo “ESTAMOS AQUÍ”, adicado á memoria do membro da banda falecido Miguel Castro, “Moro”. Virán acompañados dunha banda de punk de recente creación “YOUTH MOOD”.

ESQUÍOS:
O 31 de decembro de 2005 foi o primeiro día que nos xuntamos nun local da antiga escola de Matalobos, no concello da Estrada. Comezamos o 2006 ensaiando, e no primeiro terzo do ano xa demos algún concerto, cousa que continuamos a facer o resto dese ano ata gravar o noso primeiro disco nos estudios “Phonos”. O disco gravouse en directo nun día e medio, foi autoeditado e saiu baixo o nome do grupo, sen título. 

O seguinte disco titúlase “Un tipo normal”. No tema que pechaba o disco, “Galiza festa rachada”, mesturamos ska e folk con punk-rock, e colabora vocalmente Javi Maneiro (Heredeiros da Crus), este tema aínda agora é o que acostuma pechar os nosos concertos. O tema que lle da título a este disco foi un éxito absoluto no “Aberto x reformas” de Xurxo Souto. Jorge Rodríguez anímase a gravar o seguinte disco do grupo coma produtor no propio local da banda. Grávase en directo “Eche o que hai”(2009). O disco contén temas máis curtos e directos e resulta compositivamente do máis variado, garaxe, funk, blues, punk-rock e hardcore danse a man baixo un son cru e directo. Para o seguinte disco, “Galician carraxe on garaxe” (2010), o mesmo Jorge Rodríguez encargouse da gravación e produción. O traballo foi presentado na Sala Capitol de Compostela nun concerto retransmitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa Planeta Furancho.

O seguinte traballo “Agora si!!…despois igual non (ímolo vendo)” (2011) foi gravado nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero en directo. Con este disco decidímonos por un son máis limpo, menos garaxeiro e a nivel musical introducimos elementos country nalgún tema, ska, coros melódicos, rap…etc. Despois de dous anos tocando por aquí e acolá, e de de quedar sen management polo peche de Saraiba Produccións, gravamos de novo nos estudios Abrigueiro, e novamente en directo o que é o noso sexto traballo, “Porcocan”(2013), como adianto gravamos un videoclip do tema “O baile do parado”. 

Desgrazadamente despois de dous concertos de presentación deste disco pasa o pior, o noso cantante e amigo, Miguel Castro, fina repentinamente e o grupo queda desolado. O grupo valora deixalo pero os centos de mensaxes de ánimo e apoio recibidos fan que optemos por continuar. O noso baixista de sempre, Pedro Dono, xa anunciara antes que ía marchar para Madrid por motivos de estudos/traballo, polo tanto so quedabámos dous membros de Esquíos..
As novas incorporacións son as seguintes: Adrián Gañete coma novo vocalista, Xosé Maceira coma novo baixista e Manuel Rodríguez coma segundo guitarra.

Despois dunha serie de concertos deciden gravar un novo disco aproveitando o premio do Vas Sacar Nota 2013, de xeito que rexistran no estudio de produción da Radio Galega baixo a batuta de Toño Vázquez, nove temas propios máis unha versión do “Let’s lynch the landlord” de Dead Kennedys. A gravación faise en rigoroso directo, sen utilizar ordenadores e sen ningún tipo de recordings ou engadidos durante o proceso. O disco, que vai adicado á memoria de Moro, títulase “Estamos aquí” e edítase en maio de 2014, ao mesmo tempo gravan un videoclip co tema “Incomunicado”, que serve de presentación do mesmo.

DATA: VENRES 8 DE AGOSTO 2014

APERTURA DE PORTAS: 23.00H.

PREZO ENTRADA: 4€ (SÓ EN BILLETEIRA)

Lugar: Twist & Shout - O Grove
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.