Axenda

Caxade
quinta feira 14 agosto 2014
Vistas : 314

14 AGO

Caxade

Caxade

Caxade chega ao escenario da terraza despois de esgotar en tan so un mes o seu aclamadísimo e exitoso disco debut A danza dos Moscas, un elegantísimo traballo de folk-pop independente, onde se cruzan aires balcánicos, música de bandas, folclore sen domesticar e exquisita vocación popular.

O proxecto encabezado por Alonso Caxade –tamén coñecido polo seu traballo na Orquestra Os Modernos, no Cuarteto Caramuxo e mais en PELdeNOZ- incorpora a Manu Paino –trompeta e carillón-, Manu Espinho -bombardino- e Xosé Tunhas –batería- para confeccionar “un disco con letras transgresoras, ligadas á realidade cotiá e á situación actual”. “Porque en tempos de crise intelectual, moitos pretenden converternos en moscas a danzar arredor do seu manxar favorito”, expón o propio Caxade.

Cando describe o repertorio do seu disco, Caxade fala dunha “verbena rebelde de antes da guerra. A evidencia de que a nostalxia, como a verdade, tamén é revolucionaria. Indicios melódicos de que a situación é grave pero, que carallo!, bailemos un agarrado. A modernidade entendida como respecto crítico á tradición. Os

moscas, ao cabo, sobreviven no peor dos escenarios: o mundo vénse abaixo e nós namoramos. Dancemos, ordenan as once cancións que conforman o primeiro disco de Caxade, A danza dos moscas”.

Lugar: Adegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.