Axenda

VIII Arrastro Rock Festival
sábado 19 xullo 2014
Vistas : 260

O festival gratuíto Arrastro Rock presenta a súa edición máis ambiciosa. Despois de sete edicións gañando experiencia e obtendo un éxito rotundo en nivel musical e afluencia de público, chega a oitava edición que se celebrará o próximo 19 de xullo de 2014 en Redondela, Pontevedra.
Este ano pechan o cartel nove bandas, que ofrecerán no pobo máis de oito horas de directo.
MortSubite (Burgos), Dredd (Ponferrada), Machina (Cerceda),Neverside (Vigo), N.O.T (Vigo), Supa Scoopa (Vigo), Atlantic Valley(Vigo), Sete Cuncas (Redondela) e Tati's Joplin (Tui), son as encargadas de dar espectáculo nuns dos eventos que máis está a crecer estes últimos anos en Galicia, dentro dos pequenos festivais, cunha firme aposta en bandas locais. Todo isto situado nun ámbito rural moi peculiar e característico.


Lugar: Muíño das Xastras, O Cadaval - Reboreda (Redondela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.