Axenda

Cantata Vernácula
domingo 06 xullo 2014
Vistas : 74
  • Domingo, 6 de xullo ás 14:00

Cantata Vernácula son Suso Vaamonde e Xoán Porto. Este dúo, creado no ano 2009, pretende, ante todo, divertir a calquera tipo de público, por medio do acordeón, a zanfona e a voz.

O seu programa está integrado tanto por temas populares galegos, como por temas propios, todos eles arranxados polo dúo cunha estética actual.

Entre bromas, anécdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a tódolos públicos dun xeito orixinal, ameno e divertido.

Organiza: Concello de Lugo
Colabora: AGADIC Cultura no Camiño 2014
Entrada de balde
Aforo limitado


Lugar: Capela de San Bartolomeu do Burgo - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.