Axenda

Mamá Cabra
terza feira 08 xullo 2014
Vistas : 298

Martes, 8 de xullo

Qué é Mamá Cabra?

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mistura poesía, pezas populares e temas propios, con un enfoque lúdico, participativo e didático. Además ofrece ós adultos unha oportunidade única para disfrutar cos máis pequenos dun momento de diversión en familia, sen deixar de aprender cousas novas. Os espectáculos teñen unha duración aproximada duna hora e están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Patatín Patatán é un espectáculo baseado no disco do mesmo nome, no que están incluidos moitos dos grandes éxitos de Mamá Cabra. Un feixe de cancións que xa forman parte da nosa memoria colectiva e que farán rir e gozar ós máis pequenos sen deixaren de aprender cousas novas e enriquecedoras.

Algúns datos relevantes:
9 Cds publicados. 
7 espectáculos con música en directo. 
Mellor Canción en Gallego 2006 (Academia de las Artes y las Ciencias de la Música) 
Mellor Grupo de Música Infantil de Galicia 2013 (Premios Galegos da Música).

Lugar: Auditorio de San Cibrao - Lieiro (Cervo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.