Axenda

XIX Asalto ao Castelo
From quinta feira 03 xullo 2014
To domingo 06 xullo 2014
Vistas : 797

XOVES 3 DE XULLO

19:00 a 23:00 | Procesión da Santa Compaña Irmandiña (Rúa)
19:00 a 23:00 | Charanga Fantástica (Rúa)
19:00 a 23:00 | FoliadaA. C. Trubisquiña (Rúa)
20:00 | Compañía Itinerante (Rúa)

DE VENRES 4  A SÁBADO 5 DE XULLO

10:00 a 22:00 | II CONCURSO DE FACHADAS (Vila) 

VENRES 4 DE XULLO
20:00 | Compañía Itinerante (Rúa)
21:30 | V Cea medieval (Foso do Castelo)
01:00 | Portas Abertas. TeatroQuinquilláns: A traizón (Foso do Castelo)
01:30 | Concerto folk: Muxarega (Foso do Castelo) 

SÁBADO 5 DE XULLO

MAÑÁ

10:00 a 20:30 | IV Feira Artesanal (Praza do Concello)
11:00 a 20:30 | Pincho doce: Cabazo das tres fortunas (Stand praza do Concello)
11:00 a 13:00 | Exhibición de Tiro con Arco: Clube Dousxsetenta (Praza do Concello)
11:30 a 13:00 | Obradoiros infantís de caracterización medievalXogoflexia. (Praza do Concello)
12:00 | Baile tradicional infantil: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
12:30 | Baile galego: Foliada de SaltoAiriños do Río Grande (Praza do Concello)
13:00 | Pasarela de Traxes Medievais (Praza do Concello)
13:30 | Compañía Itinerante (Rúa)
13:30 | Sesión vermú: Bolombo (Praza Castelao)

TARDE

IV Feira Artesanal (Praza do Concello)
Pincho doce: Cabazo das tres fortunas (Stand praza do Concello)
16:00 | Mago Charlangas (Praza do Concello) 
16:30 a 18:00 | ASALTIÑO

16:30|Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello) 
17:00 | Concentración de tropa (Praza da Igrexa) 
17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)

17:00 | Visita guiada pola historia do Castelo: Manuel Rial (punto de encontro na Praza do Concello)
18:00 | Baile tradicional adulto: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
18:30 | Mago Charlangas (Praza do Concello)
19:00 | Fallo do II Concurso de Fachadas (Praza do Concello)
19:05 | Poxa de escravos (inclúe Poxa de ariete) (Praza do Concello)
19:30 | Irmandade Parroquial (Praza do Concello)
20:00 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)
20:15 | PercusiónMarcote´s & friends Street Band (Rúa)
20:15 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Fol Siniestro (Rúa)
20:30 | Música de tabernaBolombo (Praza Castelao)
20:45 | Circuíto musical: Batuki de Monte Alto (Rúa)
21:00 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa) 

NOITE (CAMPO DA FESTA) 

20:30 | CEA Touciño entrefebrado con chourizos de poldro da A.C. Monte Faro e gornición e viño do país Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño 

22:00 | Samarúas
Samarúas é unha nova proposta folk que comeza a tallar o seu contorno artístico para exhibilo no gran escaparate da música galega. A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, e tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinan temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Veñen da canteira da música tradicional que eles recrean e preséntannos un proxecto integrado por gaita, percusións, voz, acordeón, violín e guitarra. Un novo son que xurde das inquedanzas musicais dos seus integrantes.

23:30 | ASALTO AO CASTELO
Os tempos son chegados para a revolución irmandiña. O campesiñado, farto da abusiva opresión feudal, decidiu actuar en lugar de volver a resignarse. A anunciada execución dun pobre inocente é o momento escollido para que a irmandade se faga escoitar con palabra de madeira e ferro.

01:00 | Kepa Junkera Con 14 álbums,  8 singles  e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo as súas costas, Kepa Junkera é un dos músicos máis internacionais do País Vasco. Os seus traballos discográficos, improvisacións e fusións de estilos revolucionaron o mundo da música. Agora vén a presentarnos o seu último traballo chamado Galiza. Sons de Galicia mesturados coa txalarpa, a trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas… un traballo espectacular en todos os sentidos.

02:30 | Susana Seivane
Hoxe é unha das grandes estrelas galegas xurdidas do boom da música folk. Comezou a súa andaina da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros. Co paso dos anos, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Presentaranos o seu último traballo, Os soños que volven:  con melodías da súa infancia é a banda sonora da súa nenez.

04:00 | Muyayo Rif
Muyayo Rif é unha banda que nos trae ritmos urbanos como o punk, ska, reggae, latin ou rock. Co seu potente directo onde predomina a enerxía, a festa e a crítica social, volven a presentar batalla cun disco cheo de positividade cara o cambio. Despois de triunfar por toda Europa preséntannos Maldita comedia, onde recuperan o ska sen esquecer a marca da casa, a sección de metais. 

DOMINGO 6 DE XULLO

12:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)
13:30 | Sesión vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao) 

Outros Servizo de Cociña Zona de Acampada e Duchas Traxes para alugar ou mercar Stand Irmandiño na praza do Concello (comida, bebida, tenda, información)
Entrada de balde: axúdanos, non fagas botellón! Ten conciencia. Ten sentido.

Lugar: Vimianzo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.