Axenda

Xosé Constenla
sábado 05 xullo 2014
Vistas : 316

O CANTAUTOR COMPOSTELANO XOSÉ CONSTENLA OFRECERÁ UN CONCERTO DESPOIS DUN ANO DE “SINECISMO” NA SALA SÓNAR

 

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

 O 28 de xuño vaise cumprir un ano dende que Xosé Constenla (Compostela, 1980) gravou ao vivo no Salón Teatro o seu máis recente traballo SINECISMO. O disco, que saiu ao público en formato dobre CD+DVD, contou co apoio de máis de 120 co-produtores a través dunha campaña de crowdfunding.

 Para festexar dito aniversario, o cantautor compostelano ofrecerá un concerto que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xullo ás 22:30 horas na Sala Sónar (rúa Mazarelos, 4-5).

 Para esta ocasión, Xosé Constenla contará coa participación de Rober Vázquez na batería e Javier Constenla no piano, así como artistas convidados como César de Centi, Fátima Baña ou Tato López

Lugar: Sónar Pub - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.