Axenda

Recital solidario por unha Palestina libre
terza feira 19 marzo 2024, 20:00
Vistas : 35

 

Informamos de que este martes, 19 de marzo ás 20 h, desenvolveremos no local veciñal un recital solidario por unha Palestina libre: contaremos coa intervención musical de Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, a colaboración de Sahar Shatat, que como activista da BDS e de SUG x Palestina, fará unha breve instantánea sobre Palestina, e un recital poético na voz das participantes no noso club de lectura "Gosto de vivir a poesía", que lerán unha escolma do poemario "Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina".

En palabras de Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente honorífico da Fundación Araguaney, que editou o poemario, “Neste libro unha manchea de poetas de Galicia falan de Palestina, de Falastín, unha terra que é de todos e que algúns queren facer dela un espacio de interese loxístico ou un campo de concentración ó estilo nazi.(...) Son poemas de realidade, amor, crueldade, sufrimento e maltrato. Son poemas que denuncian a inxustiza. Son poemas que se converten en pedras que, desde Galicia, se lanzan contra os blindados asasinos dun estado amoral ocupante das terras dun pobo digno, que está a ser masacrado.”

A entrada é libre e gratuíta.

+ INFO

Lugar: AVCDR Agra - A Agra do Orzán. A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.