Axenda

VRAÓ!
From sexta feira 11 xullo 2014
To sábado 12 xullo 2014
Vistas : 449

VRAÓ!

O venres 11 e sábado 12 de xullo terá lugar o primeiro proxecto de Ó!Cultural, un festival de música independente galega que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, co patrocinio de determinados establecementos hostaleiros da vila e tamén da A.C.I.A., o Concello de Foz e a Deputación de Lugo.

O nome que dende eliximos para este primeiro evento é simplemente VRAÓ!, sen máis, porque consideramos que esta palabra ten a suficiente forza e significado como para transmitir todo o que desexamos, xa que é un termo con moita carga identitaria para a nosa zona.

Co porto como escenario protagonista e coas localizacións irmás das rúas Illa Nova e Concello de Sarria, a vila tinguirase de música durante dous días que prometen ser máxicos. Un dos puntos máis atractivos do festival é que será de balde, cuestión que supón un importante esforzo por parte da asociación e dos colaboradores. Neste sentido, VRAÓ! é unha combinación gratuita de sons, identidade, sabores e paisaxe. É unha recuperación da música na rúa como elemento de igualación social e de desfrute. É unha aposta polo pequeno formato como signo distintivo de calidade, rigor e encanto. É unha achega pequena pero moi representativa ao que está a acontecer musicalmente en Galicia nos últimos tempos, que é moito.

VRAÓ! son 5 escenarios polos que pasarán 9 bandas integramente galegas.

Grampoder (escenario A Maseira)

The Lost Omelette Makers (escenario A Maseira)

Sub Rosa (escenario Namarinos)

The Loopholes (escenario Pachán Club)

Trilitrate (escenario Rente Ao Mar Ese Camiño)

Caxade (escenario Rente Ao Mar Ese Camiño)

Djalminha (escenario Trás!)

El Monstruo (escenario Trás!)

Unicornibot (escenario Trás!)

*Os horarios están suxeitos a posibles cambios pero, con carácter xeral, o venres ocuparán a franxa entre as 22:00h. e as 2:30h. e o sábado entre as 20:00h. e as 3:30h.

**O escenario "A Maseira" está patrocinado polo Bar A Maseira. O escenario "Namarinos" polo Pub Namarinos. O escenario "Pachán Club" polo Bar A Rambla. O escenario "Rente ao mar ese camiño" polos bares O Lar e A Funcional. E o escenario "Trás!" polo Bar O Muelle e Pub Namarinos.

VRAÓ! é o 1º round no combate que Ó Cultural libra de forma moi consciente a favor da cultura do país.

VRAÓ! é a volta ao lugar que nunca debimos deixar.

Lugar: Foz
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.