Axenda

Rust Fest
From sexta feira 04 xullo 2014
To domingo 06 xullo 2014
Vistas : 751

RUST FEST (Tributo a Neil Young)

XUNQUEIRA DE AMBIA (OURENSE)

4-5-6 DE XULLO 2014

 

-QUE É O RUST FEST?

 

O RUST FEST é un encontró anual de seguidores i estudiosos da obra do autor canadiense NEIL YOUNG, na sua vertiente integral composta pola música, cine, composición e todo aquello que xira arredor da obra do autor canadiense.

O RUST FEST é un homenaxe sen animo de lucro organizado pola paxina www.enlaplayadeneil.net , lugar de encontró dos seguidores hispanos e xermolo de todo o que devengou co tempo na organización do festival.

O RUST FEST organizase cada ano en un lugar distinto, rotatorio, e a sua organización correspondelle a aquela persoa ou persoas que se comprometen a levar a bon fin a organización anual do encontro. Para eso o Grupo Fundador do RUST FEST escoita as propostas que existen cada ano para a sua correcta organización e decide por un lugar ou outro das diferentes propostas.

O longo dos días que dura o Festival, organizanse concertos, charlas, exposicións, sesions de Micros Abertos para todos os presentes que se atrevan a subir ao cenario…

 

-COMO SE FINANCIA O RUST FEST?

 

O RUST FEST financiase coas aportacións voluntarias dos membros do grupo, amais das colaboracións que xurden en cada lugar onde se celebra.

Nas catro edicións celebradas ata o de agora, as institucións públicas (sobretodo os Concellos) colaboraron de forma desinteresada coa aportación dos lugares públicos para a celebración do evento, asi como en algún caso coa aportación do material imprescindible de infraestructura do festival (caso de equipo de amplificación, casas de cultura, …etc). En dous casos a iniciativa privada foi quen de proveer o lugar do evento e a infraestructura necesaria.

Ao mesmo tempo, os organizadores recurren ao merchandaising en forma de venda de carteis , camisetas, chapas, etc para financiar parte do festival.

De forma desinteresada, persoas que non poden asistir ao festival por motivos laboráis ou familiares, aportan dende a FILA CERO cantidades de diñeiro para a financiación do festival.

O destino do recaudado nos días que dura o RUST FEST, vai íntegramente a pagar os gastos xenerados na organización do festival. Si se da o caso de que haxa un sobrante do recaudado, este usase íntegramente e de forma igualitaria entre os grupos musicais que se achegan ata o lugar do Festival dende os distintos lugares de onde proveñen.

Os grupos musicais que toman parte no festival fanno de forma altruista e sen cobrar absolutamente nada, correndo eles mesmos cos gastos ocasionados, o mesmo que os demais participantes que se achegan dende os distintos puntos do mundo para tomar parte no RUST FEST.

 

-CANTAS EDICIONS SE TEÑEN CELEBRADO DO RUST FEST?

 

Ata o de agora teñense celebrado catro edicións do RUST FEST:

 

*1ª EDICION:  celebrada no ano 2010 no concello de Valdoviño (A Coruña).

No patio exterior da Casa da Cultura, celebrouse durante dous días do mes de xullo esta 1ª Edición. Os responsables da sua organización foi o grupo “Crazy Ponys” que foron quen de xuntar a mais de cen persoas durante estes días. Aparte dos concertos noiturnos, celebraronse conferencias na Casa da Cultura, asi como varias sesions de Micros Abertos para todos aqueles que desexaron participar de forma activa no evento. Ao mesmo tempo organizaronse andainas polos locais de gastronomía do Concello.

 

*2ª EDICION: celebrada no ano 2011 na Praia de Bolonia, no Concello de Tarifa (Cadiz). Dous membros do grupo Fundador foron os responsables de levar o RUST FEST a terras andaluzas.  O Chiringuito de la Playa, ubicado na praia de Bolonia acolleu de novo a celebración do Festival, coa colaboración do Concello que foi quen de poñer a disposición do festival o equipo de Son que se utilizou. Mais de cento cincoente persoas se xuntaron en dita Praia nos dous días do festival.

 

*3ª EDICION: celebrada no ano 2012 no concello de Torredembarra (Tarragona). Daquela, varios membros do grupo fixeronse cargo da organización, que se levou a cabo en “La Traviesa”, lugar de concertos no centro da vila, poñendo este local o equipo de son utilizado. O concello de Torredembarra editou trípticos e folletos do evento, asi como os carteis do Festival, poñendo ao mesmo tempo a Oficina de Turismo a disposición da organización para o desenvolvemento do evento.Nos dous días que durou o festival, pasaron polo mesmo mais de trescentas cincuenta persoas.

 

*4ª EDICION: celebrada neste ano de 2013 na cidade medieval de Frias (Burgos).Foi a primeira vez que o RUST FEST durou tres días, pola avalancha de grupos que se ofreceron a participar no festival. O Concello de Frias puxo a disposición da organización o patio de armas do Castelo medieval da cidade para a celebración dos concertos, asi como duas salas para conferencias e varios lugares públicos para a celebración dos Micros Abertos. A asociación de Amigos de Frias correu cos detalles da organización, asi como do bar aberto para recaudación dos gastos do festival. Sinalar que incluso a Eirexa puxo a disposición da organización o Templo parroquial para a celebración de un concerto de Organo e Voz por parte de dous destacados membros do grupo Fundador con carreira musical de mais de quince as costas. Este ano, mais de cincocenta persoas asitiron ao festival.

 

-DE ONDE PROVEÑEN OS ASISTENTES AO RUST FEST?

 

Os asistentes anuais ao RUST FEST proveñen na sua meirande parte de todos os lugares do Estado Español. Aparte de ter unha presencia siñificativa de Galicia, acheganse persoas de Madrid, Andalucia, Comunidade Valenciá, Catalunya, Illas Balears, Canarias, Aragon, Extremadura, Pais Vasco, Asturies…etc.O grupo Fundador está formado por unas trinta e cinco persoas que son fixas en todos os RUST FEST, amais das suas respectivas familias (fillos, conxugues, etc). Todos eles se finacian a sua estancia no lugar do Festival, provocando gastos nos lugares onde se celebra: aloxamento, xantar, recordos, etc. Nas duas ultimas edicións teñense achegado persoas de Inglaterra, Alemania, Finlandia, Francia, e incluso de Australia. Normalmente, estas ultimas achegas son persoas con alta valor adquisitivo nos seus respectivos países.

 

 

 

-QUE ACHEGA O RUST FEST AO LUGAR DA CELEBRACION?

 

Cando se realizou o 1º RUST FEST, non se sabia si existiría unha continuación do mesmo no tempo. A experiencia foi tan positiva por parte dos asistentes que xa en aqueles días decidiuse dar continuidade a experiencia. En concreto o Concello de Valdoviño é un punto de referencia para todos os amantes do RUST FEST e os seguidores de Neil Young de tal xeito que este concello recibe anualmente a aportación turística de varios centos de persoas.

Lugar: Xunqueira de Ambía
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.