Axenda

Samuel Diz
sexta feira 11 xullo 2014
Vistas : 250

Atardecer no Gaiás
Venres, 11 de xullo de 2014
21h.- Entrada libre

Novembro de 1930. A madrileña Residencia de Estudiantes acolle un concerto único na historia. Os protagonistas son oito xoves músicos que buscan unha nova linguaxe artística a partir da forte pegada que Manuel de Falla e Federico García Lorca imprimen na súa personalidade, tomando o nome de 'Grupo de los Ocho'. Nel, atopamos ao inxustamente esquecido Juan José Mantecón (Vigo 1895- Madrid 1964), do que o guitarrista Samuel Diz (Tui, 1986) presenta agora por vez primeira o seu inédito Atardecer para guitarra.

Samuel Diz, quen vén de publicar a súa investigación Guitarra clásica galega co selo Ouvirmos, gradúase no Conservatorio Superior de Música de Sevilla en 2009. Entre os seus concertos máis importantes destacan a presentación no CLAIS da Yale University (EE.UU.), a participación no Harare International Festival of the Arts de Zimbabwe, ou o seu recente debut como solista no emblemático Palau de la Música Catalana, recibindo o Premio da Crítica polo seu “estudo e coherencia do programa, demostrando unha alta seguridade escénica e un son moi diáfano coa guitarra”.

Lugar: Praza Exterior, Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.