Axenda

Narf
quinta feira 17 xullo 2014
Vistas : 206

17 XUL

NARF

NARF

Recoñecido recentemente nos Premios Galegos da Música “Martín Códax” como mellor intérprete na categoría de de Rock e Blues, Fran Pérez NARF chega ao escenario d'OS XOVES DE CÓDAX cun espectáculo no que recolle as mellores cancións dos seus últimos traballos discográficos, e tamén temas inéditos nacidos da intensa relación deste músico viaxeiro con artistas de países do ámbito da Lusofonía, especialmente Mozambique e Guiné Bissau.

Lugar especial neste concerto terán algúns dos temas de “Nas Tardes Escuras” (2013), o novo disco de NARFsobre poemas de Rosalía de Castro. Neste novo traballo Narf explora os poemas de “Follas Novas” e de “Cantares Gallegos” dende a linguaxe eléctrica do rock, cunha visión enérxica e contemporánea, totalmente diferente doutros tratamentos musicais e versións que xa se teñen feito anteriormente por diversos intérpretes.

Unha oportunidade única para vivir as aventuras que propicia a nosa lingua nunha viaxe musical que parte da beiramar bravía do Atlántico e da voz da Rosalía máis contundente ata chegar ás cálidas praias do océano Índico, cantando as palabras de poetas como José Craveirinha.

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.