Axenda

Uxía, António Zambujo e Sergio Tannus
quinta feira 28 agosto 2014
Vistas : 314

28 AGO

Uxía, António Zambujo y Sergio Tannus

Uxía, António Zambujo y Sergio Tannus

Para pechar a magnífica programación desta terceira edición, contaremos cunha artista moi querida nos Xoves de Códax: Uxía, a voz do Atlántico e unha das cantoras máis recoñecidas da nosa lingua chega unha vez máis a este escenario para agasallarnos con palabras e notas saídas desde o máis profundo e íntimo do seu ser. Cancións pegadas á música tradicional, cun tratamento innovador e persoal a cargo dunha Uxía mías contida e profunda ca nunca.

Desde o seu debut co Foliada de Marzo no 1986 e despois de máis de 25 anos de carreira artística, Uxía é hoxe un punto de encontro para as diferentes culturas e unha forma de comunicación entre pobos e xentes.

Uxía pisará o escenario da adega no final do verán para deleitarnos cunha relectura dos temas fundamentais do seu repertorio cun instrumento com protagonista: a súa propia voz, o seu propio canto. Un directo íntimo no que recorrerá a una constante da súa carreira: a súa paixón pola mestizaxe e aunión de voces, isntrumentos, ritmos e sons.

Para iso, Uxía contará en escena cuns compañeiros de viaxe excepcionais: Sérgio Tannus -un dos máis completos artistas da colleita brasileira e un virtuoso dos instrumentos de corda-, e un convidado de excepción: o fadista alentexano António Zambujo, aclamado e recoñecido pro críticos de todo o mundo, grande amigo de Uxía e artista propicio para desatar unha festa multicultural na que deixarnos alma e pel.

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.