Axenda

I Romaría de Ames Novo
sábado 19 xullo 2014
Vistas : 286

Xornada lúdica, orientada tanto ao público adulto como ao familiar, con xogos música, debate, actividades... Evento político entendico como espazo de encontro de cara á construción dunha candidatura aberta e inclusiva da cidadanía amesá, que canalice as ansias transformadoras da institución municipal.

PROGRAMA
13:00 Acto Político. Intervención de Pilar Candocia e dos representantes das organizacións políticas (AGE en Europa, Anova, Compromiso x Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo e Esquerda Unida)
14:30 Xantar. Temos unha zona de xantar, con mesas, á sombra das árbores. A idea é traer a comida. Teremos unha barra de bar con bebidas, café, xeados... 
16:00 Comezo das actividades lúdicas: Teremos música tradicional, xogos para pequenos/as e grandes (brilé chave...), actuacións para a rapazada, talleres...
18:00 Coloquio sobre o papel dos concellos na transformación política, coa participación dos representantes das organizacións políticas que nos acompañan.
20:30 Remataremos a festa con un concerto realmente excepcional: Uxía e Narf tráennos as súas "Cancións da Lingua Viaxeira".

Lugar: Parque do Ameneiral - Bertamiráns, Ortoño (Ames)