Axenda

XX Rabafolc
quinta feira 14 agosto 2014
Vistas : 150

Vixésima edición do Festival de Música Folc de Rábade, iniciado no ano 1.979, ano da fundación da Asociación Cultural Chaira, naquelas datas actuaran Adalberto Zurdo, e a Asociación Cultural penas de Rodas.

Dende aquela data pasaron por Rábade Doa, Muxicas, Kepa Junkera, Berroguetho, Saraibas, Pepe Vaamonede, Serralhe.ahi, Xorima, Pablo Quintana, Treixadura, A Quenlla, Cuchufellos, Zubipeko Swing, Festicultores, Estoupacaldeiros Rábade...., e outros moitos que forman unha verdadeira escolma da música folc, e moi particularmente da musica folc en galego.

Iste ano coa colaboracion da Vicepresidencia 1ª da deputación Provincial de Lugo, e da Comisión de festas, queremos facer un Rabafolc á altura dos mellores, e comeza-las nosas festas como se merecen, para elo temos:

Despois do pregón de D. Armando Morales Blanco, para quen a música non garda segredos, e do estoupido que anuncia a toda a bisbarra que non se durma, que Rábade xa está en festas,; o dia 14 de agosto ás 21 horas,recibiremos ó Rei da Chaira coa


II EDICIÓN DO CantamosCHA, Quedada de músicos, aberto a to@ @ que saiba facer ruido ordenado, que recibirán o "REI DA CHAIRA" maior festeiro do Imperio, os sons de catro pezas emblemáticas para a nosa Vila: O CANECO, QUEN TEÑA VIÑO, MUIÑEIRA SE DANTO AMARO e MUIÑEIRA DE LUGO, todos aqueles que se queiran unir, terán que pasar polo evento que inminentemente se creará CantamosCHA, a enotarse para recibir-la camiseta conmemorativa.

Cando caiamos de cu de tanto bailar subirán o escenario, e dará comezo o XX RABAFOLC, actuando en primero lugar:

OS MINHOTOS, coa presentación do seu disco Pinga na auga.

E para rematar o mesmo actuacion de 

TREIXADURA co seu ORFEON

unha vez rematado as festas de Rábade continuarán en todo o seu apoxeo de diversión ata o 17 de agosto.

Lugar: Rábade
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.