Axenda

XX Feira da Olería "Alfaroleiros"
From sexta feira 08 agosto 2014
To sábado 09 agosto 2014
Vistas : 553

Venres 8 agosto

20.00-22.00 h: Ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela.  Parque Luis Seoane.

22.00 h: concerto de Balakandra

23:00 h: concerto de SES, co xenio destrozado. Praza Esther Pita Pita.

 

Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios  dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos musicais. No 2012 editan o seu primeiro disco “Balakandra”. Neste ano 2014 a banda celebra o seu décimo aniversario. Seis músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e cos nosos corazóns. A súa música é unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e no blues do sur dos EEUU., nos sons latinos de Brasil e Cuba, nos clubes neoiorkinos e nos frenéticos ritmos do este de Europa, unha longa viaxe coa mellor locomotora: o folk galego.

 

Se algo podemos destacar de SES é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza. Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Co Xenio Destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.  Gravado nos estudios BRUAR, de A Coruña, e producido por María Xosé Silvar, a propia SES, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarras), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Sábado 9 agosto

20.00–22.00 h: ludoteca de xogos tradicionais a cargo de Xandobela. Parque Luis Seoane.

22.30 h: concerto de Quempallou. Música tradicional sen complexos. Praza Esther Pita Pita.

Con máis de doce anos de traxectoria artística, Quempallou é unha das bandas máis representativas do folk galego, levando a festa por bandeira en cada concerto, pero sen esquecer unha clara mensaxe de compromiso social.

Eles fan música de raíz dende un punto de vista actual, sen complexos nin ataduras, tendo sempre claro as súas orixes pero mirando cara adiante en todo momento. Claro reflexo son os seus traballos discográficos, nos que se observa unha constante evolución musical, coa que acadaron un son propio e característico. Dende aquel primeiro “Quempallou”, e a música tradicional como base, pasando por “Estremonías” e a forza da palabra, chegando a “Polo Aire”, cunha importante madurez musical, composicións propias e coidados arranxos.

Agora presentan o seu novo e agardado traballo discográfico “Vellas Novas”, que cunha estética baseada no mundo do xornalismo, contén composicións propias e tradicionais ao máis xenuino estilo de Quempallou. “Vellas Novas” é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.                             

Formación:

Roi Maceda: Acordeón, Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz, Isaac Millán: Bouzouki, Guitarra acústica, Roi Adrio:Tamboril, percusións. Xosé Maceda: Bombo, percusións. Alfonso Agulla “Eski”: Son ao vivo.

Lugar: Santa Cruz - Liáns (Oleiros)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.