Axenda

Monstruo + Lenny Leonard
quinta feira 31 xullo 2014
Vistas : 302

PORNO estamos a favor do amor, porque é estar a favor da emoción e das sorpresas, estar a favor de que as cousas sexan intensas. Así, todo significa, porque ata o detalle máis banal pasa a ser crucial no medio da túa imaxinación, que lle dá un sentido no esquema mental do amante. O violento será dobremente doloroso e cruel, e o bonito será dobremente inspirador, e o sexo poderá ser as dúas cousas á vez. PORNO estamos a favor de que a música sexa igual de importante que o sexo ou o terrorismo.

Na Revista PORNO defendemos a artistas que son así de importantes e dos que a xente aínda non se deu conta porque no resto de revistas só lles adicaron un copia pega de conceptos trillados. Neste número 2, que presentarán brevemente os seus directores, aparecen entrevistas a Mike Watt, Aries, Das Kapital, Guerrera ou Los Televisores e contidos sobre Fantasmage, Novedades Carminha, Ataque Escampe ou Terbutalina. Ademais, cómics de Óscar Raña, Julia Huete ou Martín González.

Para exemplificar iso, o XOVES 31 ás 21 HORAS tocarán na CASA TOMADA por 5 EUROS dúas bandas violentas e bonitas ao mesmo tempo, que se declaran en cada canción.

MONSTRUO tocan para acercarse entre eles e a ti porque hoxe todo está lonxe e o ves a través de pantallas. Suben o volume para que non poidas falar mentras fan música porque é de mala educación, pero a cambio só tes que aplaudir se cres que o merecen.

Se a calidade dun grupo de rock and roll se mide por como son capaces de berrar, LENNY LEONARD fixeron historia xa co único tema que publicaron. “Scavengers” introduce o berro da gaivota e de repente todo ten sentido. Son da Coruña e teñen máis motivos que ese para estar apasionadamente fartos, e agora teñen unha guitarra e unha batería.

Lugar: Casa Tomada - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.