Axenda

Camarada Nimoy + Convidados
sexta feira 08 agosto 2014
Vistas : 299

Este venres estaremos tocando na inauguración da exposición: "Procesalia: Cidade de Vigo", ás oito da tarde na Casa das Artes, en Vigo. Trátase dunha mostra de arte contemporánea na que participan 21 artistas do ámbito galego, nacional e internacional, con 19 proxectos adaptando os seus discursos persoais e liñas de investigación plástica a este proxecto. Estará repartida entre o Verbum e a Casa das Artes.

Artistas: Xoán Anleo, Nilo Arias, Xohán Brión, Isaac Cordal, Ana DMatos, o colectivo internacional Kónic Thtr- formado por Rosa Sánchez e Alain Bahuman-, Paula Mariño, Carme Nogueira, Renata Otero, Marta Prieto, Montse Rego, Manuel de la Rosa, Rubén Santiago, o xaponés Kai Takeda, e o Grupo portugués Void formado por Carlos Sena Caires e Jorge Cardoso, Alex Mene e a participación de tres novos valores: Eugenia Suarez, Iñaki Pérez e Manuel Vidal.

Lugar: Casa das Artes - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.