Axenda

Eba Reiro y Esposa
terza feira 19 agosto 2014
Vistas : 277

A poesía debería ser máis como o rock and roll, apasionada e xuvenil, inconsciente e inmediata, trascendente e sexual, en voz alta, amplificada e chea de ruido. O rock and roll debería ser máis como a poesía, personal, arriscado e pretencioso, camiñando na corda frouxa e cabalgando como cabalos salvaxes, oscilando arriba e abaixo en dinámicas e dor. Eba Reiro y Esposa son dous músicos mercenarios ás ordes das palabras dunha muller poderosa e así saen cousas que parecen cancións pero son poemas e ruido, pero o ruido din que é o que falla na comunicación e é mentira, o ruido comunica todo aquelo ao que non chegan as palabras, gratis, no Grándola o martes 19 a partir das dez e media da noite.

Lugar: Grándola - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.