Axenda

Virxilio Da Silva, Alberto Sanz e Marko Lohikari
cuarta feira 20 agosto 2014
Vistas : 348
  • Mércores, 20 de agosto ás 22:00

Albert Sanz — Piano
Virxilio Da Silva — Guitarra
Marko Lohikari — Contrabaixo

Formado para a ocasión, este combo vai interpretar composicións propias dos seus tres integrantes.

O primeiro deles é o pianista valenciano Albert Sanz, quen estudou na Berklee College of Music (Boston), cunha importante traxectoria que lle fixo compartir escenario con Al Foster, Kurt Rosenwinkel, Chris Cheek e Peter Bernstein entre outros.

O segundo é Marko Lohikari, un dos contrabaixistas máis sólidos do panorama estatal, habitual do trío de Albert. Sueco de nacemento, residiu uns anos en Barcelona ata mudarse a Mallorca, onde vive arestora.

O terceiro é Virxilio Da Silva, natural de Portonovo. Mestre e virtuoso da guitarra tanto no jazz, coma no blues e o rock, destacou dende novo coma un dos alumnos máis salientables saídos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e da ESMAE portuguesa.


Lugar: Eirado do Costal - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.