Axenda

XXI Festival Folclórico Internacional
sábado 23 agosto 2014
Vistas : 320

PEITIEIROS CELEBRA A SEMANA CULTURAL E O XXI FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL O VINDEIRO SÁBADO 23 DE AGOSTO

O vindeiro sábado 23 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXI Festival Folclórico Internacional. 

XXI FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL:
Sábado 23:
Nesta edición contaremos coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsábel de iniciar o Festival. Ecos e Agarimos, cunha traxectoria de máis de vinte anos, é a escola de música e baile tradicional na nosa parroquia. Contaremos tamén coa participación do Rancho Folclórico CCR São Simão de Gouveia, de Amarante, as Pandereteiras Airiños do Sobreiro de Borreiros, Gondomar, e poñerá o broche ao Festival o grupo Xistra de Coruxo, Vigo.
O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse. Os obradoiros serán de 12 a 14 horas durante a mañá e de 17:00 a 19:00 pola tarde e serán impartidos polos propios grupos participantes.

Desde a Xunta Directiva do CCR gustaríanos contar coa presenza de todas e todos neste XXI Festival.

Lugar: Centro Cultural e Recerativo de Peitieiros - Peitieiros (Gondomar)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.