Axenda

Milladoiro + Tiruleque
quinta feira 02 outubro 2014
Vistas : 579
Pazo da Cultura 
02/10/2014 ás 20:30 h.

MILLADOIRO.-

 

Levamos máis de trinta anos percorrendo espazos, silencios,  xeografías. Levamos máis de trinta anos tentando atopar  a  beleza detrás de cada pentagrama,  tempo a tempo,  poñendo banda  sonora  a un país en perpetua construcción imperfecta. Somos fillos seus  e  lembramos a cor sepia dos  días escuros e de pobreza  socio-ambiental.

Máis de trinta anos despois seguimos á procura da beleza e da harmonía  nunha singladura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda, e demanda  de cada un de nós, que sempre esteamos  á altura do seu horizonte de mar, ceo  e terra; un horizonte onde pousa a  ollada tan só, a  esperanza.

 

TIRULEQUE.-

Na primavera de 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

Bebendo nas fontes desa tradición musical-galega  -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo.

Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.


Lugar: Pazo da Cultura - Narón
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.