Axenda

I Concurso Bretemoso de Cantos de Taberna
sexta feira 26 Setembro 2014
Vistas : 347

O venres, 26 de setembro, en Ponteareas, dentro da programación do Festival das Brétemas, organízase o I Concurso de Cantos de Taberna

BASES
1. Os grupos musicais estarán formados por un máximo de 8 persoas e un mínimo de 3. Deberán anotarse polos medios que se dispoñen a continuación antes do 25 de setembro do 2014, indicando no momento da inscrición o nome do grupo, un correo electrónico e un teléfono de contacto. 
2. A información do itinerario estará exposto o mesmo día nos establecimentos da ruta e darase a coñecer aos grupos no inicio da ruta.
3. Cada coro deberá interpretar dúas pezas polos bares-furanchos, quedando todos os coros, às 20:30 horas, nun punto de encontro por determinar e dar comezo ao concurso as 21:00 horas.
4. A inscrición é de balde e poderase realizar mediante o mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben chamando aos tlf: 
660 210 933 - 628 292 296.
5. En cada establecemento disporán dunha folla de valoración e será o/a taberneiro/a correspondente o/a responsábel de outorgar a puntuación. 
6. Os premios serán os seguintes:
1º grupo clasificado: Diploma bretemoso e cesta con xamón,queixo, chourizos e viños
2ª grupo clasificado: Diploma bretemoso, cesta con productos da horta, viños e licores
3ª grupo clasificado: Diploma e lote de merchandising bretemoso

Lugar: Ponteareas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.