Axenda

Juyma Estévez Trío
quinta feira 04 Setembro 2014
Vistas : 437

Por fín cheja o día. O próximo Xoves día 4 de setembro, ás 21:30h,  teño o enorme pracer de presentar o primeiro disco de Juyma Estévez Trío no meu pobo, BUEU, do que tan orgulloso me sinto.
"Océanos de porcelana" grabouse en Redondela, cos grandes mestres e amigosAlberto Vilas o piano e Mar A Secas a batería.

Do sonido e a mezcla encargouse un dos meus mellores amigos, o enorme mestre do son Michi "Sonart" , a quen tanto lle debo pola sua calidade profesional, e o que é máis importante ainda, HUMANA. Sen él nada de isto tería sentido.

Da fotografía e o diseño encargouse outro dos meus mellores amigos, o grande mestre Amador Lorenzo Blach , un enorme corazón metido dentro dunha cámara, cómo pode iso ser posible?, é tan pequena... Observando, buscando, preguntando, e cando hai sorte, capturando un momento máxico, un anaco da alma do mundo, unha resposta que non somos capaces de ver a simple vista, xa sexa pola súa fugazidade ou polas nosas prisas.

E de iso precisamente tratan as nosas cancións...

Millons de personas, con millons de historias, todas elas importantes, todas elas de ida... e as veces, tamén volta! Atrapadas para sempre no interior das nosas caixas torázicas...

Resulta curiosa a forza que teñen as verbas, sobre todo cando están escritas sobre un fondo branco.
Cando vivía en Donosti ( nun edificio múltiplo de 9 coma non) soía pasar camiño de Musikene por un muro branco no que se podía leer unha pintada que dicía "BARE", uuummmhhh..."ESPIDO" como a canción de The Cure, esa que tanto me gusta, e que sempre me acompañaba, quizáis foxe unha señal...
Agora xa en Bueu, por motivos profesionais vou moito a Vigo, e alí, preto doutro ensaio, noutro muro, outra pintada me observa: "Lo imposible solo tarda un poco más". Pois iso, acudide todos éste xoves a Bueu, traede as cámaras, os corazóns, os seres queridos, e as vosas emocions, porque durante algo máis dunha hora, tanto o muro coma as pintadas, serán so e exclusivamente por e pra vostedes.

Moitas grazas a Jordi Lauren (Son Rías), a Andrés Lamosa e o concello de Bueu polo seu apoyo.
E despois do concerto,imos todos de festa, que a vida pasa moi rápido e hai que disfrutala home xa jajaja, non vaia ser que o venres aparezcamos todos mortos, ou o que é peor, sen soños ;)

Boa música, amor, saude e PAZ pra tod@s!


Postdata: Se fai bo tempo farémolo concerto o aire libre na Plaza de Masso. Pero no caso de que chovera ou unha imprevista cicloxénesis quisera facer acto de presencia para botarlle unhas pezas cambiaríamos o concerto a Casa do Mar ;)

Lugar: Praza de Massó - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.